Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 2 de decembro de 2022 Páx. 62095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Hépotas II, no concello de Muras (expediente IN408A/2020/156).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

• O 14.12.2021, Hépotas, S.L presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Hépotas II (expediente IN408A/2020/156) ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro) e polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

• O 6.9.2022 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificóulle ao promotor o cumprimento dos requisitos indicados no artigo 29.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

• A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, para continuar co procedemento, procede a solicitar o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia do territorio o 8.9.2022.

• En resposta á citada solicitude de informe o 13.10.2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

• O 19.10.2022, o promotor presentou o xustificante de pagamento da tramitación do proxecto sectorial.

• O 24.10.2022, e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, esta xefatura territorial recepciona o expediente achegado pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturáis o 21.10.2022, para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotor: Hépotas, S.L., NIF B15836158.

Domicilio social: rúa Bolivia, núm. 4, baixo, 15004 A Coruña.

Denominación do proxecto de execución modificado: parque eólico Hépotas II.

Situación: concello de Muras.

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Muras II.

Potencia instalada: 7 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 2.

Produción neta anual estimada: 27,9 GWh/ano.

Orzamento total (execución material): 5.567.829,28 €.

As instalacións situanse dentro da poligonal definida polas seguintes coordenadas:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

V1

606.400,00

4.816.730,00

V2

607.370,00

4.817.320,00

V3

607.370,00

4.814.990,00

V4

606.400,00

4.814.990,00

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

HII-1

607.114,00

4.816.751,00

HII-2

607.165,00

4.815.781,00

Características técnicas principais das instalacións:

• 2 aeroxeradores Vestas V136 de 3500 kW, o que supón unha potencia total instalada de 7 MW.

• O acceso á localización realizarase a partir da infraestrutura viaria existente na zona, e reducirase ao mínimo imprescindible a apertura de novas vías. Xunto a cada posición construiranse as plataformas e áreas de provisión necesarias para a montaxe mecánica dos aeroxeradores.

• Cada xerador conectarase individualmente ao seu centro de transformación situado no interior da propia torre. Os devanditos centros de transformación estarán, así mesmo, conectados entre si e co centro de seccionamento de 20 kV, a través do que se conectará o parque coa subestación 20/132 kV Hépotas (autorizada, expediente 111-EOL), mediante unha liña aérea de 20 kV, dun 7 km, que será obxecto de proxecto independente.

• A través da subestación Hépotas 20/132 kV, evacuarase a enerxía producida conxuntamente co parque eólico Hépotas mediante unha liña de 132 kV que conectará a mencionada subestación Hépotas 20/132 kV coa rede de distribución.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución modificado (declaración responsable e sinatura de xuño de 2022).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 16.6.2022).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (declaración responsable e sinatura de xuño de 2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 47), así como no Concello de Muras (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/hepotas2

Lugo, 25 de novembro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo