Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62308

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022 pola que se dá publicidade da concesión dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2022.

Mediante a Resolución do 19 de agosto de 2022 (DOG núm. 163, do 29 de agosto) aprobáronse e publicáronse as bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2022.

O xurado destes premios fixo unha revisión bibliográfica dos artigos que cumpren cos requisitos recollidos nas bases reguladoras, avaliándoos segundo os criterios de selección establecidos, tal como se recolle no artigo 8 das referidas bases.

O 21 de novembro, o xurado reuniuse para poñer en común a avaliación dos artigos científicos e propoñer, no acordo de concesión, as catro persoas galardoadas.

Ese mesmo día contactouse telefonicamente coas catro persoas propostas para os premios e todas elas o aceptaron expresamente e confirmaron a súa vinculación cun centro ou institución galega incluído no ámbito de aplicación destas bases no momento da elaboración do artigo.

As ditas bases establecían no artigo 10 que a persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) ditará a resolución do premio, que será inapelable, e farase pública a través do Diario Oficial de Galicia e das páxinas web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e da ACIS (www.acis.sergas.gal).

Crédito orzamentario: catro mil cincocentos euros (4.500,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 12.A1-411A-480.00, proxecto 201800003, dos orzamentos do ano 2022 da ACIS:

a) Primeiro premio, cunha dotación de tres mil euros (3.000,00 €).

b) Segundo premio, cunha dotación de mil cincocentos euros (1.500,00 €).

c) Primeiro accésit (sen dotación económica).

d) Segundo accésit (sen dotación económica).

No que se refire ás persoas investigadoras premiadas, véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

Julio García Comesaña
Presidente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde

ANEXO

Persoas premiadas

Núm.

Persoas autoras

Título do artigo

Centro ou institución galega

Importe do premio

Turnes Vázquez, Juan

Non-pharmacologic direct cost of a simplified strategy with glecaprevir/pibrentasvir for 8 weeks in naive non-cirrhotic patients with hepatitis C implemented in clinical practice. The Just SIMPLE Study

Servizo de Aparello Dixestivo, Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS)

3.000,00 €

Antela López, Antonio

Redefining therapeutic success in HIV patients: An expert view

Servizo de Medicina Interna, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

1.500,00 €

1º accésit

García Álvarez, Eva

Aberrant integration of hepatitis B virus DNA promotes major restructuring of human hepatocellular carcinoma genome architecture

Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), Universidade de Santiago de Compostela.

Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física. Universidade de Santiago de Compostela

_

2º accésit

Vallejo Alonso, Aldara María

Generalized implementation of reflex testing of hepatitis C in Galicia: Results for reflection

Servizo de Microbioloxía. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)

_