Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62315

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 24 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril), modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do terceiro exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:

DNI

Apelidos e nome

Especialidade

Cualificación 3º exercicio

***8051**

Sánchez Fernández, Alejandro

Seguridade no traballo

Apto

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2022

Ángel López Álvarez
Presidente do tribunal