Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62316

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 25 de novembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 99, do 24 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) e modificado pola Resolución do 6 de xuño de 2022 (DOG núm. 111, do 10 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto no Acordo do 28 de outubro de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro) pola que se fixan os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio do proceso selectivo que se celebra o 14 de novembro de 2022, ditado en virtude da potestade de determinación do criterio de superación da proba recollido na base II.1.1.2, superarán a primeira proba do segundo exercicio as persoas aspirantes que teñan unha porcentaxe igual ou superior ao 50 % de respostas correctas.

Unha vez feita a corrección na sesión do 25 de novembro de 2022 e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de dezasete (17) aspirantes.

Tendo en conta as once (11) persoas aspirantes que acreditaron no prazo sinalado que posúen coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2 ou superior, dentro do Marco europeo común de referencia, e as vinte e oito (28) persoas aspirantes que presentaron acreditación de posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais dos niveis de coñecemento de lingua galega (DOG do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de febreiro), o total de persoas aspirantes que poderán presentarse ao seguinte exercicio será de vinte e oito (28).

Segundo. Publicar, tal e como exixe a base II.1.2.8 da convocatoria, as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

Javier Páez González
Presidente do tribunal