Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62318

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2022 pola que se nomea como persoal laboral fixo na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, a aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario de consolidación, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 212, do 7 de novembro).

Unha vez rematado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 212, do 7 de novembro), con corrección de erros no DOG núm. 229, do 2 de decembro, e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 14 de novembro de 2022 (DOG número 220, do 18 de novembro), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, a aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución, ordenada de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlle como destino provisional o que figura no mesmo anexo.

Segundo. A persoa nomeada persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicataria provisional do posto de traballo relacionado no anexo disporá do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

1

***6680**

Nartallo Penas, Mª Victoria

1

SAC030000115770100

Titulada/o superior médico/a

SA

S. X. de Información sobre Saúde e Epidemioloxía

Dirección Xeral de Saúde Pública

Santiago de Compostela

I-002