Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62259

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT110C).

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 25 de novembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 61116, no artigo 7.1, onde di: «1. Só se admitirá unha solicitude por entidade interesada, que se presentará conforme ao modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.», debe dicir: «1. Só se admitirá unha solicitude por entidade interesada, que se presentará conforme ao modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades».