Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62279

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A).

A Orde do 25 de maio de 2022, modificada pola Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A) (DOG núm. 109, do 8 de xuño de 2022) prevé no seu artigo 11 que a notificación das resolucións poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón á páxina web do Fogga.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes das resolucións das solicitudes de axudas reguladas na Orde do 25 de maio de 2022, modificada pola Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control da campaña 2022.

Na web publicaranse as listaxes de concesión e de denegación das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade, de ser o caso, concedida e da finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da denegación.

As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campana-2022

Estas axudas son financiadas pola Consellería do Medio Rural.

Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria