Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62605

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO da aprobación inicial da bandeira deste concello.

O Concello de Gondomar, en sesión ordinaria do día 2 de decembro de 2021, aprobou inicialmente o expediente para a adopción da bandeira proposta pola Comisión Heráldica para o Concello de Gondomar.

En cumprimento do disposto no Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, aprobado polo Decreto 19/2010, do 11 de febreiro; nos artigos 258 ao 262 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, e nos artigos 22.2.b) e 47.2.e) da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, sométese o expediente á información pública mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos desta entidade, durante o prazo dun mes, para que as persoas interesadas poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Se transcorrido o dito prazo non se presentasen reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o referido acordo.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Gondomar, 14 de decembro de 2021

Juan Francisco Ferreira González
Alcalde presidente