Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62606

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negueira de Muñiz

ANUNCIO de convocatoria para prover diversas prazas.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 31 de outubro de 2022, aprobáronse as bases que, ao abeiro do disposto no artigo 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, deberán rexer a provisión das seguintes prazas:

– Concurso en quenda libre, como laboral fixo: 1 administrativo e 1 condutor-oficial encargado de obras e servizos.

– Concurso-oposición en quenda libre, como laboral fixo: 1 traballador social.

Estas bases foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 256, do 9 de novembro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Negueira de Muñiz, 9 de novembro de 2022

José Manuel Braña Pereda
Alcalde presidente