Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 7 de decembro de 2022 Páx. 62607

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO das bases que regularán as convocatorias dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 275, do 1 de decembro de 2022, e na sede electrónica do Concello, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Outeiro de Rei incluídas na oferta de emprego público de 2022.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como establecen as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Outeiro de Rei, 30 de novembro de 2022

José Pardo Lombao
Alcalde