Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62663

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2022 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 23 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2022-2023 (código de procedemento IN417Y).

Mediante a Resolución do 23 de marzo de 2022 que foi publicada no DOG núm. 66, do 5 de abril, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2022-2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe lista de espera. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 3 de outubro e non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles nas epígrafes correspondentes a grande empresa de proxectos de aforro e eficiencia enerxética do sector servizos (PAES) e, con todo, non se dispón de dispoñibilidade orzamentaria suficiente para atender o resto de epígrafes.

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Adicionalmente, no artigo 3.2 das bases reguladoras establécese a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 31.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Conforme o disposto no artigo 3.3 das bases, de producirse a ampliación de crédito, publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo para resolver.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible, a axuda asociada ás solicitudes en curso é superior ao orzamento da convocatoria, e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos.

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar e redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2022 en función do volume de solicitudes recibido, modificando a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 23 de marzo de 2022 do seguinte xeito:

– Dotación orzamentaria inicial:

Distribución por liña de axuda

Tamaño empresa

Ano 2022 (€)

Ano 2023 (€)

Total (€)

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial

Peme

1.227.784,87

772.215,13

2.000.000,00

Grande empresa

600.000,00

750.000,00

1.350.000,00

PAES-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

Peme

500.000,00

500.000,00

1.000.000,00

Grande empresa

411.624,17

238.375,83

650.000,00

Total

2.739.409,04

2.260.590,96

5.000.000,00

– Modificación orzamentaria:

Distribución por liña de axuda

Tamaño empresa

Ano 2022 (€)

Ano 2023 (€)

Modificación total (€)

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial

Peme

650.000,00

0,00

650.000,00

Grande empresa

481.624,17

208.375,83

690.000,00

PAES-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

Peme

150.000,00

0,00

150.000,00

Grande empresa

-381.624,17

-208.375,83

-590.000,00

Total

900.000,00

0,00

900.000,00

– Dotación orzamentaria final:

Distribución por liña de axuda

Tamaño empresa

Ano 2022 (€)

Ano 2023 (€)

Total (€)

PAEI-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial

Peme

1.877.784,87

772.215,13

2.650.000,00

Grande empresa

1.081.624,17

958.375,83

2.040.000,00

PAES-Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

Peme

650.000,00

500.000,00

1.150.000,00

Grande empresa

30.000,00

30.000,00

60.000,00

Total

3.639.409,04

2.260.590,96

5.900.000,00

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2022

Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia