Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62798

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario (referencia CE2022CM-N).

No Boletín Oficial da provincia núm. 227, do 28 de novembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra:

1. Unha praza de técnica/o superior de Administración especial, do grupo A1, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o superior, polo sistema de concurso de méritos, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

2. Unha praza de oficial/a de imprenta, do grupo C2, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, por concurso de méritos, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.

3. Unha praza de oficial/a de infraestruturas e servizos, do grupo C2, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, por concurso de méritos, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.

4. Sete prazas de operaria/o especialista, do grupo E, pertencentes á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, por concurso de méritos, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 29 de novembro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL