Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62797

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario (referencia CL2022N).

No Boletín Oficial da provincia núm. 227, do 28 de novembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Provincial de Pontevedra:

1. Unha praza de técnica/o de Administración electrónica, transparencia e protección de datos, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, e integrada no grupo A1 (ofertada en 2021).

2. Unha praza de técnica/o auxiliar de telecomunicacións, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1 (ofertada en 2022).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 29 de novembro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL