Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62796

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para cubrir un posto vacante de técnica/o de artrópodos no cadro de persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia núm. 227, do 28 de novembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas do proceso selectivo convocado para cubrir o seguinte posto vacante no cadro de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra:

1. Un posto de traballo de técnica/o de artrópodos, do grupo A1 (ofertado no ano 2022 e correspondente a unha vacante asignada a laboral indefinido por sentenza xudicial firme).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 29 de novembro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL