Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62794

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e persoal laboral fixo (referencia CE2022CO-N).

No Boletín Oficial da provincia núm. 227, do 28 de novembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra:

1. Unha praza de administrativa/o de Administración xeral, do grupo C1, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, por concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.

2. Cinco prazas de auxiliar de Administración xeral, do grupo C2, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, por concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.

3. Dúas prazas de técnica/o auxiliar de educación diúrna, do grupo C1, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o auxiliar, por concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.

4. Unha praza de técnica/o auxiliar de educación nocturna, do grupo C1, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica/o auxiliar, por concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

5. Catro prazas de oficial/a de infraestruturas e servizos, do grupo C2, pertencentes á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo primeiro, da Lei 20/2021.

6. Unha praza de auxiliar de laboratorio, do grupo C2, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase labores especiais, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

7. Dúas prazas de oficial/a condutor/a maquinista, do grupo C2, pertencentes á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

8. Unha praza de oficial/a de cociña, do grupo C2, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

9. Unha praza de oficial/a de comedor, do grupo C2, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

10. Un posto de traballo de auxiliar de xestión tributaria e información, equivalente ao grupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre, en aplicación do disposto no artigo 2.1, parágrafo segundo, da Lei 20/2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 29 de novembro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL