Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO de nomeamento dunha funcionaria de carreira, categoría auxiliar administrativa.

Unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía núm. 661/2022 que se emitiu o 28 de novembro, resolveuse o nomeamento de María Amparo Estraviz Vilariño, con DNI ***5321**, como funcionaria de carreira do Concello de Valdoviño, para a praza de auxiliar administrativa incluída na oferta de emprego público deste concello do ano 2018, coas seguintes características: grupo C, subgrupo C2, escala da Administración xeral, subgrupo auxiliar.

A toma de posesión efectuarase no prazo dun mes, a partir da publicación do nomeamento no Boletín Oficial da provincia.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Valdoviño, 29 de novembro de 2022

Alberto González Fernández
Alcalde