Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62781

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Capela

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo/a (Xulgado de Paz), por estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 204, do 27 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo/a (Xulgado de Paz), persoal laboral fixo a tempo parcial, mediante o sistema de concurso, incluída na oferta de emprego público 2022 (estabilización de emprego temporal).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases que a rexen.

A Capela, 16 de novembro de 2022

Manuel Meizoso López
Alcalde