Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62782

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Avia

ANUNCIO de corrección de erros das convocatorias para a provisión de varias prazas de persoal laboral fixo polo procedemento especial de estabilización de emprego temporal de longa duración.

Advertido un erro nos ditos anuncios, publicados no Diario Oficial de Galicia números 226, 227, 228 e 229, de datas 28, 29 e 30 de novembro e 1 de decembro de 2022, é necesario facer a seguinte corrección:

Onde di:

«O prazo para a presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria».

Debe dicir:

«O prazo para a presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal como establecen as bases da convocatoria».

Carballeda de Avia, 1 de decembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 2 de xullo de 2019)
Noemi Alonso Cubo
Concelleira delegada de Persoal