Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62787

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira para cubrir unha praza de conserxe.

Unha vez rematado o proceso selectivo, mediante a Resolución da Alcaldía 1551/2022, do 23 de novembro, nomeouse a Humberto Luís Dopico Rodríguez, con DNI ***6566**, funcionario de carreira do Concello de Fene nunha praza de conserxe, pertencente ao grupo de agrupación profesional, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de persoal de oficios, vacante no cadro de persoal funcionario do Concello de Fene e incluída na OEP do ano 2019.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Fene, 24 de novembro de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde