Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 9 de decembro de 2022 Páx. 62785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e das bases dos procesos selectivos para a estabilización do emprego temporal ao abeiro da Lei 20/2021.

No BOP da Coruña número 222, do 23.11.2022, publicáronse as bases xerais reguladoras dos procesos extraordinarios de estabilización do emprego temporal do Concello de Fene, aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 10.11.2022.

No mesmo BOP publicáronse as seguintes 15 bases específicas reguladoras das convocatorias e procesos selectivos de estabilización para a cobertura de 24 prazas, mediante persoal laboral fixo, que foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 17.11.2022 e convocadas por Resolución da Alcaldía número 1529/2022, do 17 de novembro:

– 2 peóns/peoas de xardíns.

– 4 auxiliares de axuda no fogar.

– 4 auxiliares administrativos/as.

– 2 administrativos/as.

– 1 auxiliar de arquivo.

– 1 responsable museo.

– 1 animador/a sociocultural.

– 1 xestor/a de talleres ocupacionais.

– 1 técnico/a de calidade.

– 2 traballadores/as sociais.

– 1 traballador/a social.

– 1 orientador/a laboral.

– 1 pedagogo/a.

– 1 psicólogo/a.

– 1 axente de desenvolvemento local.

A presentación de solicitudes realizarase no prazo de vinte (20) días naturais a partir da publicación no BOE.

Fene, 23 de novembro de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde