Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 62820

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 4 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR804A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 4 de maio de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executen as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 27 de xullo de 2022, de conformidade coa Orde do 4 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio):

17 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de un seiscentos mil euros (600.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

Número de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada

Subvención proposta

Ano 2022

Ano 2023

Total

PR804A 2022- 4

Asociación Galega de Reporteiros Solidarios- Agareso

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)

37.690,15

34.985,15

13.994,06

20.991,09

34.985,15

PR804A 2022- 22

Farmacéuticos Mundi en agrupación coa Universidade de Santiago de Compostela

A aprendizaxe servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria. Fase III

53.150,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2022- 14

Fundación Intered

De Ítaca a Ávalon. Da igualdade na educación á coeducación para a transformación e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas. Fase III

36.847,11

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2022- 5

Asociación Galega de Reporteiros Solidarios- Agareso

Promover a co-responsabilidade e dotar de novas capacidades e ferramentas o alumnado de educación secundaria e superior de Galicia para contrarrestar os discursos do odio desde o enfoque de dereitos humanos (Xeración Contrainfo)

37.430,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2022- 12

Asemblea de Cooperación pola Paz - ACPP

Abeirar: desprazamento e refuxio desde o enfoque de dereitos

35.484,12

33.710,51

13.484,20

20.226,31

33.710,51

PR804A 2022- 3

Asemblea de Cooperación pola Paz - ACPP

Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento (ESR-EpD).

38.931,28

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2022- 17

Arquitectura Sen Fronteiras

Investigación-Acción-Formación para fortalecer a educación e a integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia. Fase 4

40.025,00

34.975,00

13.990,00

20.985,00

34.975,00

PR804A 2022- 20

Solidariedade Internacional de Galicia

O movemento social do comercio xusto como exercicio de cidadanía global: unha contribución á consecución da Axenda 2030 desde Galicia. Fase II

45.738,01

34.766,37

13.906,55

20.859,82

34.766,37

PR804A 2022- 9

Fundación Taller de Solidaridad

Enredadas no cambio. Fase II

43.026,48

34.999,36

13.999,74

20.999,62

34.999,36

PR804A 2022- 18

Fundación Educación y Cooperación (Educo) en agrupación con Fundación Ayuda en Acción, Fundación Entreculturas Fe y Alegría, Fundación Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago de Compostela

Campaña mundial pola educación en Galicia 2023

47.544,46

45.000,00

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR804A 2022- 6

Asociación Amigos da Terra

Rede de ecohortas escolares

29.756,00

28.121,00

11.248,40

16.872,60

28.121,00

PR804A 2022- 15

Fundación Entreculturas - Fe y Alegría (EC)

Redes 4.7: tecendo cidadanía global en Galicia para non deixar ninguén atrás

40.995,00

34.995,00

13.998,00

20.997,00

34.995,00

PR804A 2022- 19

Solidariedade Internacional de Galicia

O Globo. Observatorio, escola e espazo de participación

45.897,68

34.949,76

13.979,90

20.969,86

34.949,76

PR804A 2022- 11

Manos Unidas

Fame cero: sensibilización cidadá e formación, participación e mobilización educativa cunha visión integradora dos ODS

47.677,25

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2022- 21

Fundación Ayuda en Acción

Education4ThePlanet: o bo camiño cara á Axenda 2030

37.590,88

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2022- 8

Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Hackers sen fronteiras. Tecnoloxías para o ben común e os Dereitos Humanos no ensino secundario de Galicia. Fase 1

47.495,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR804A 2022- 16

Fundación Educación y Cooperación, Educo

A protección da infancia desde a mirada da Axenda 2030

37.819,26

35.000,00

11.399,15

17.098,70

28.497,85

Total

703.097,68

606.502,15

240.000,00

360.000,00

600.000,00