Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 12 de decembro de 2022 Páx. 62814

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR803D).

Conforme o establecido no artigo 24 da Orde do 23 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR803D), unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 1 de xullo de 2022, de conformidade coa Orde do 23 de marzo de 2022 (DOG núm. 67, do 6 de abril):

– 26 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior para executar polas organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de catro millóns seiscentos setenta e tres mil sesenta e cinco euros con nove céntimos (4.673.065,09 €), nas contías, beneficiarios e finalidade, que se relacionan no anexo I.

– 5 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior para executar por outros axentes de cooperación (universidades, sindicatos, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior) por un importe total de setecentos mil euros (700.000,00 €); a súa distribución responde aos beneficiarios, contías e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo II.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I

Axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior para executar polas
organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD)

Nº de expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada

Subvención concedida

Total 2022

Total 2023

Subvención concedida

PR803D 2022-34

Asamblea de Cooperación pola Paz, en agrupación con Agareso

Fortalecer os mecanismos de participación cidadán e acceso a servicios públicos de saúde sexual e reprodutiva de calidade no contexto da COVID-19, nos municipios de Jiquilisco e Usulután, El Salvador. Fase III.

256.611,04

225.000,00

90.000,00

135.000,00

225.000,00

PR803D 2022-39

Asamblea de Cooperación pola Paz, en agrupación con Agareso

Mellora dos mecanismos locais e nacionais dirixidos á atención integral e promoción dos DDHH e dereitos das mulleres, nos municipios de San Cristóbal e Haina, provincia de San Cristóbal, República Dominicana. Fase II.

262.803,07

225.000,00

90.000,00

135.000,00

225.000,00

PR803D 2022-30

Fundación Balms para la Infancia

Incrementadas as capacidades dos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigas do distrito municipal de Santiago Oeste para exercer os seus dereitos fundamentais en educación, saúde e participación política cun enfoque integral de xénero, asociada a IDI República Dominicana. Fase IV

203.446,08

174.984,21

69.993,68

104.990,53

174.984,21

PR803D 2022-41

Arquitectura sin Fronteras, en agrupación con Asociación Promoción y Desarrollo (Proyde)

Proxecto Q´aq´iq (espíritu vital) para mellorar a calidade educativa, o benestar socioemocional e as condicións hixiénico-sanitarias en 13 escolas de primaria do departamento de Retalhuleu, Guatemala, no marco do retorno ás clases presenciais tras o peche dos centros educativos pola pandemia da COVID-19. Fase 2.

246.116,63

224.990,00

89.996,00

134.994,00

224.990,00

PR803D 2022-37

Arquitectura sin Fronteras

Proyecto Te Chwinqlal (para a vida) para o fortalecemento das capacidades de planificación e xestión participativa; e a mellora dos servicios básicos e a gobernanza en materia de auga, saneamento e hixiene, desde un enfoque de xénero e inclusión, das 267 familias indíxenas, compostas maioritariamente por mulleres viúvas e solteiras da Comunidade Mam Cajolá, recentemente asentada no municipio de Champerico, en Guatemala.

204.289,49

174.990,00

69.996,00

104.994,00

174.990,00

PR803D 2022-36

Fundación InteRed

Comunidades rurais e ‹‹bateyanas›› facendo veeduría e incidencia para a prevención do matrimonio infantil e unións temperás, desde o enfoque de interseccionalidade, en 3 municipios das provincias de Santo Domingo e San Cristóbal, República Dominicana.

184.925,50

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-14

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Garantir condicións para a superación da brecha educativa provocada pola pandemia da COVID-19 en comunidades indíxenas de Totonicapán, Guatemala.

195.195,55

174.997,69

69.999,08

104.998,61

174.997,69

PR803D 2022-21

Manos Unidas

‹‹Jekuae avei yaguata›› - Sigamos camiñando Reforzo das capacidades de desenvolvemento agroecolóxico sostible e de gobernanza territorial e ambiental das comunidades indíxenas de Huacareta, Huacareta Ingre, Muyupampa e Apiaguiaki Tüpa (Departamento de Chiquisaca, Bolivia) , garantindo unha participación equitativa e activa de homes, mulleres e mozos nos espazos de decisión.

398.559,95

165.253,08

66.101,23

99.151,85

165.253,08

PR803D 2022-29

Asociación Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad

Familias campesiñas resilientes impulsando un modelo de desenvolvemento integral sustentable, adaptado ao cambio climático e con equidade de xénero, Nicaragua.

189.148,49

170.000,00

68.000,00

102.000,00

170.000,00

PR803D 2022-18

Asociación Ingeniería sin Fronteras-Galicia, en agrupación coa Universidade da Coruña, o Laboratorio de Ingeniería Cartográfica Cartolab

Mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras. Fase 1.

257.684,17

225.000,00

90.000,00

135.000,00

225.000,00

PR803D 2022-3

Farmacéuticos Mundi

Promoción da SAN (seguridade alimentaria e nutricional) de MEF e nenas/os menores de 5 anos para contribuír ao progreso social, sustentable, inclusivo, equitativo e de igualdade nun contexto afectado polo impacto da COVID-19 no municipio de San Miguel Acatán, Guatemala.

206.783,97

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-26

Fundación Educación y Cooperación-EDUCO

Proxecto de fortalecemento das capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas en mulleres Maya-Mam no municipio de Santa Bárbara Huehuetenango. Guatemala. Fase II.

189.500,00

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-19

Fundación Entreculturas Fe y Alegría en agrupación coa Fundación Taller de Solidaridad

Empoderamento económico, social e político de mulleres guaranís da Autonomía Indíxena Charagua Iyambaé, Bolivia.

256.905,25

225.000,00

90.000,00

135.000,00

225.000,00

PR803D 2022-38

Fundación Fabre

Acadado o acceso a servizos de saneamento, hixiene, saúde e disposición de lixo, axeitados ao contexto xeográfico para 40 de 67 familias de 3 comunidades da subcentral Chocorosi, poñendo fin á defecación ao aire libre, prestando atención ás necesidades das mulleres, nenas e persoas en situación de vulnerabilidade. Bolivia.

199.311,36

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-10

Fundación Ayuda en Acción

Contribuíndo á sustentabilidade para a recuperación dos medios de vida coas comunidades locais da provincia de Maputo no marco da COVID-19, a través do fortalecemento da cadea de valor dos produtos hidrobiolóxicos desde unha óptica de xénero, Mozambique.

196.176,47

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-5

Fundación Ayuda en Acción

Mulleres rurais asociadas en cooperativas, xestionan e innovan empresarialmente procesos produtivos, mercados sostibles e mitigan os efectos da COVID-19 do corredor seco de Nicaragua.

259.287,00

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-6

Manos Unidas

Mulleres apicultoras polo seu dereito a emprender, Nicaragua.

241.207,27

60.000,00

60.000,00

0,00

60.000,00

PR803D 2022-15

Asociación Ingeniería Sin Fronteras-Galicia

Mellora da xestión comunitaria da auga no sur de Honduras. Fase 1.

204.626,87

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-20

Solidariedade Internacional de Galicia, en agrupación con SOLIDA Asociación para o Desenvolvemento e Solidaridade Galega

Comunidades resilientes a través do enfoque de saúde integral e seguridade alimentaria e nutricional no municipio de San Marcos de Colón, Honduras-CORESAN.

251.692,93

224.876,84

89.950,74

134.926,10

224.876,84

PR803D 2022-11

Fundación Vicente Ferrer

Promovido o acceso ao dereito á vivenda e saneamento básico para as 57 mulleres e un home con discapacidade e as súas familias de colectivos desfavorecidos da comunidade rural Kothapalli, do distrito de Anantapur, India, mellorando a súa seguridade, a súa saúde comunitaria, o ambiente e a autoorganización da comunidade.

265.409,73

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-27

Asociación Amigos da Terra

Mellora da equidade de xénero, a soberanía alimentaria e a dinamización económica local co exercicio dos dereitos políticos, económicos, sociais, culturais e ambientais das mulleres rurais en Pespire (Honduras).

233.555,00

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-35

Solidariedade Internacional de Galicia

Fortalecemento das capacidades das mulleres, nenas e adolescentes para o pleno exercicio dos seus dereitos a unha vida libre de violencias e a medios de vida dignos no eixe La Paz/El Alto/Santa Cruz, Bolivia. Fase II.

180.317,35

171.029,79

68.411,92

102.617,87

171.029,79

PR803D 2022-13

Asociación Amigos da Terra

Alianzas acuícolas entre o sector cooperativo, para o crecemento económico e redución de impactos ambientais en zonas de áreas protexidas de Chinandega, Nicaragua.

187.840,00

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2022-22

Asociación Solidaridad para el Desarrollo y la Paz SODePAZ

Loita contra a pobreza e pola soberanía alimentaria en 3 comunidades indíxenas Ch´orti´ de Jocotán, Chiquimula, Guatemala.

188.164,82

174.557,59

69.823,04

104.734,55

174.557,59

PR803D 2022-4

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

Mulleres e comunidade de Sorcca fan efectivo o exercicio dos seus dereitos, mellorando as condicións de saúde e salubridade ao acceder á auga, alimentos e vivenda digna, de xeito sostible, Perú.

228.904,79

174.429,30

69.771,72

104.657,58

174.429,30

PR803D 2022-2

Fundación Tierra de Hombres-España

Mellorar a saúde materno-infantil nas comunidades indíxenas de Cotacachi, Ecuador.

205.882,35

175.000,00

27.956,59

105.000,00

132.956,59

Total

5.894.345,13

4.715.108,50

1.880.000,00

2.793.065,09

4.673.065,09

ANEXO II

Axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior a executar
polos outros axentes de cooperación

Nº de expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada total

Subvención proposta

Total 2022

Total 2023

Subvención proposta total

PR 803D 2022-42

Innovación, Cooperación, Cartografía e Territorio, ICARTO

Mellora da sustentabilidade na xestión do recurso hídrico promovendo mecanismos para aumentar a capacidade de planificación e resiliencia fronte ao cambio climático e ás secas no sur de Mozambique-GERHARA.

225.747,00

173.113,00

69.245,20

103.867,80

173.113,00

PR 803D 2022-8

Fundación Mujeres

Promovendo a equidade de xénero e o empoderamento económico da poboación rural de Yacuambi, Ecuador.

193.190,45

174.903,83

69.961,53

104.942,30

174.903,83

PR 803D 2022-1

Fundación Galicia Innova

Programa de reactivación económica familiar, social, de saúde comunitaria e organizativa de produtos orgánicos e aseguramento alimentario en comunidades de bosque afectadas pola pandemia e a crise alimentaria e económica derivada, no val de San Lorenzo, na rexión de Piura-Perú.

195.000,00

175.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR 803D 2022-23

Universidade de Vigo

Fortalecemento da Universidade de Cabo Verde para o fomento do emprendemento e a innovación sustentable en Cabo Verde nas áreas da economía verde e azul.

116.832,95

105.149,65

42.059,86

63.089,79

105.149,65

PR 803D 2022-24

Universidade de Vigo

Mellora do sistema de abastecemento de auga para consumo humano na poboación de Guinea Bissau.

89.976,40

85.123,74

28.733,41

43.100,11

71.833,52

Total

820.746,80

713.290,22

280.000,00

420.000,00

700.000,00