Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 16 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se convocan para o ano 2022, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 10 de xuño de 2022, de conformidade coa Orde do 16 de marzo de 2022 (DOG núm. 57, do 23 de marzo):
6 proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de catrocentos mil euros (400.000,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior
| Número de expediente | Entidade solicitante | Denominación do proxecto | Orzamento total | Subvención solicitada | Subvención proposta | 
| PR811A 2022-5 | Médicos del Mundo | Mellora da calidade no acceso aos servicios básicos de saúde da poboación afectada pola crise humanitaria no distrito de Montepuez, Cabo Delgado | 103.141,00 | 69.990,00 | 69.990,00 | 
| PR811A 2022-3 | Asamblea de Cooperación por la Paz | Fortalecer a atención e protección integral a personas LGTBI+ en situación de vulnerabilidade por violencia, desprazamento forzado e procesos de mobilidade humana no Salvador | 78.138,32 | 70.000,00 | 70.000,00 | 
| PR811A 2022-4 | Farmacéuticos Mundi | Atención integral á poboación refuxiada en asentamentos informais en Nairobi, segundo as necesidades específicas de xénero/idade no contexto dunha emerxencia de saúde pública e naturalización da violencia de xénero, Kenya | 73.700,00 | 70.000,00 | 70.000,00 | 
| PR811A 2022-7 | Fundación Entreculturas Fe y Alegría | Asistencia e protección da poboación migrante e refuxiada no Norte de Marrocos (Tánxer e Nador) | 80.933,93 | 69.776,15 | 69.776,15 | 
| PR811A 2022-8 | Solidariedade Internacional de Galicia | Resposta ante emerxencias provocadas por secas recorrentes e pandemia COVID-19 en seis comunidades do municipio de San Marcos Colón, Choluteca, Honduras | 79.585,23 | 69.966,55 | 69.966,55 | 
| PR811A 2022-10 | Asociación Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad | Atención médica de emerxencia ás persoas feridas pola violencia na Franxa de Gaza | 83.019,00 | 69.974,00 | 50.267,30 | 
| Total | 419.706,70 | 400.000,00 | |||

 
					
