Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63305

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de decembro de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

A presente modificación de relación de postos de traballo inclúe a modificación do posto de director/a do Centro de Novas Tecnoloxías, de cobertura polo sistema de libre designación. Para este posto foi clasificada a excepcionalidade da súa cobertura mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de xullo de 2018, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 136, do 17 de xullo).

En consecuencia, por proposta da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 1 de decembro de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 1 de decembro de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file