A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, mediante a Orde do 5 de setembro de 2022 (DOG do 19 de setembro), estableceu as bases reguladoras e o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros docentes privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para participar no Programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, durante o curso 2022/23 (código de procedemento ED301L).
Unha vez rematado o procedemento previo á concesión das actividades, cómpre facer pública a relación definitiva de centros seleccionados, de acordo co previsto no artigo 16.2 da devandita orde.
En consecuencia, de conformidade co exposto e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, como conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,
ACORDO:
Primeiro. Publicar a relación definitiva de centros seleccionados, segundo se detalla no anexo.
Segundo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2022
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades