Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63496

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das convocatorias e bases específicas dos procesos selectivos para o acceso a prazas pertencentes ao cadro de persoal funcionario, en execución do proceso de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 270, do 25 de novembro de 2022, foron publicadas resolucións relativas á convocatoria e ás bases específicas que rexerán os seguintes procesos selectivos:

1 praza de técnico/a medio/a de xestión, incursa no suposto do artigo 2.1 da Lei 20/2021, polo sistema de concurso-oposición; escala da Administración xeral; subescala de xestión; grupo de titulación A (subgrupo A2).

1 praza de oficial sepultureiro/a, incursa no suposto do artigo 2.1 da Lei 20/2021, polo sistema de concurso-oposición; escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; grupo de titulación C (subgrupo C2).

1 praza de celador/a CEIP reservada a discapacidade, incursa no suposto do artigo 2.1 da Lei 20/2021, polo sistema de concurso-oposición; escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; grupo de titulación AP.

1 praza de técnico/a de turismo, incursa no suposto das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, polo sistema de concurso; escala de Administración especial; subescala técnica; grupo de titulación A (subgrupo A1).

1 praza de celador CEIP, incursa no suposto das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, polo sistema de concurso reservada a discapacidade; escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; grupo de titulación AP.

1 praza de axudante/a de cociña-limpeza, incursa no suposto das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, polo sistema de concurso reservada a discapacidade intelectual; escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; grupo de titulación AP.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 1 de decembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, da Xunta de Goberno Local, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos