Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63378

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461J).

O 5 de outubro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 190 a Orde do 21 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (códigos de procedemento PR461F e PR461J).

No DOG número 220, do 18 de novembro de 2022, publicouse a Resolución do 10 de novembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade, nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector (código de procedemento PR461J).

Esta resolución concedía un prazo de 10 días hábiles para emendar as causas de exclusión.

Transcorrido o prazo de emenda establecido no número 4.2 da convocatoria, e de conformidade co establecido no número 3.7.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocado pola Orde do 21 de setembro de 2022 (DOG núm. 190, do 5 de outubro).

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición perante o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer no prazo de dous meses recurso contencioso-administrativo de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 5 de decembro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, convocado pola Orde do 21 de setembro de 2022

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas de exclusión

***961***

Rodríguez

González

Daniel

1

Causas de exclusión

1

Non acredita o cumprimento dos requisitos establecidos no número 2.2.e) da convocatoria