Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 14 de decembro de 2022 Páx. 63376

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 29 de novembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 18 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 209, do 3 de novembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, mediante a Orde do 18 de outubro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 209, do 3 de novembro de 2022, de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 18 de outubro de 2022.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos á interesada. Nos supostos de incapacidade temporal o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía,
Industria e Innovación

ANEXO

Apelidos e nome: Bernal Cortegoso, María Teresa.

DNI: ***7567**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: 2060-corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código de posto: EI.C03.00.001.15770.001.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Proxectos.

Nivel: 30.

Dependencia: Secretaría Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.