Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63649

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO da convocatoria das bases da consolidación e estabilización como persoal laboral fixo das prazas de condutor e encargado de mantemento da estación depuradora de augas residuais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 265, do 19 de novembro de 2022, publícanse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso excepcional para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo das prazas de condutor e encargado de mantemento da estación depuradora de augas residuais (EDAR) incluídas na relación de postos de traballo do Concello de Becerreá (oferta de emprego público extraordinaria 2022), aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 11 de novembro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá, no enderezo https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal

Becerreá, 22 de novembro de 2022

Manuel Martínez Núñez
Alcalde presidente