Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 15 de decembro de 2022 Páx. 63648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO da convocatoria e das bases da consolidación e estabilización como persoal laboral fixo da praza de limpador/a.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 265, do 19 de novembro de 2022, publícanse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso excepcional para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo da praza de limpador/a incluída na relación de postos de traballo do Concello de Becerreá (oferta de emprego público extraordinaria 2022), aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 11 de novembro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá, no enderezo https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal

Becerreá, 22 de novembro de 2022

Manuel Martínez Núñez
Alcalde presidente