No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 266, do 21 de novembro de 2022, publícanse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso excepcional para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo das prazas dun traballador social e un auxiliar de axuda no fogar, incluídas na relación de postos de traballo do Concello de Becerreá (oferta de emprego público extraordinaria 2022), aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 13 de novembro de 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá no enderezo https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal
Becerreá, 23 de novembro de 2022
Manuel Martínez Núñez
Alcalde presidente