Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63959

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de consolidación e estabilización como persoal laboral fixo da praza de arquitecto municipal a tempo parcial.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 266, do 21 de novembro de 2022, publícanse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso excepcional para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo da praza de arquitecto municipal a tempo parcial, incluída na relación de postos de traballo do Concello de Becerreá (oferta de emprego público extraordinaria 2022), aprobada pola Resolución da Alcaldía do 14 de novembro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá no enderezo https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal

Becerreá, 23 de novembro de 2022

Manuel Martínez Núñez
Alcalde presidente