Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 16 de decembro de 2022 Páx. 63958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de consolidación e estabilización como persoal laboral fixo da praza de oficial (C2).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 266, de 21 de novembro de 2022, publícanse integramente a convocatoria e as bases que rexerán o proceso excepcional para a consolidación e estabilización como persoal laboral fixo da praza de oficial (C2) incluída na relación de postos de traballo do Concello de Becerreá (oferta de emprego público extraordinaria 2022), aprobada pola Resolución da Alcaldía do 15 de novembro de 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Becerreá no enderezo https://concellodebecerrea.sedelectronica.gal

Becerreá, 23 de novembro de 2022

Manuel Martínez Núñez
Alcalde presidente