Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64333

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 (código de procedemento VI100B).

Antecedentes.

O 29 de xullo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) a Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

O crédito previsto na citada resolución para a anualidade 2022 ampliouse mediante a Resolución do 18 de novembro de 2022 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 (código de procedemento VI100B) por importe de 210.624,11 € provenientes de remanentes de convocatorias, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, quedando un importe total con cargo á anualidade 2022 de 2.010.624,11 €.

Tendo en conta que o número de solicitudes presentadas e susceptibles de obter a axuda supera o importe do crédito orzamentario previsto para a convocatoria correspondente á anualidade 2022, incluso despois da súa ampliación, procede realizar unha nova ampliación da dotación orzamentaria para poder atendelas, xa que unha vez efectuadas as correspondentes operacións contables existe crédito para poder realizala.

O número dous do ordinal trixésimo da Resolución do 28 de xullo de 2022 posibilita que a contía establecida na convocatoria poida ser obxecto de ampliación por resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que terá efecto logo da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ampliar a dotación orzamentaria, na anualidade 2022, para a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

O incremento da dotación para a anualidade 2022 será de 2.400.000,00 €.

En consecuencia, a contía máxima das subvencións que se poderán conceder con cargo a esta anualidade será de 4.410.624,11 €.

Esta ampliación non implica a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo máximo para resolver.

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo