Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO da aprobación das bases específicas de postos de traballo contidos na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal de 2022.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.11.2022 aprobáronse as bases específicas que regularán os procesos selectivos para a cobertura dos postos de traballo incluídos na OEP do Concello do Pino do ano 2022 para a estabilización do emprego temporal, tal e como se transcribe:

Primeiro. Aprobar as bases específicas que regularán os procesos selectivos para a cobertura dos postos de traballo incluídos na OEP do Concello do Pino do ano 2022 para a estabilización do emprego temporal que se relacionan a seguir:

Cód.

Denominación do posto

Dot.

Tipo de contrato

Grupo

Acceso libre

5103

Animador deportivo

1

Laboral fixo

III

D.A. 6ª da Lei 20/2021

5104

Animador sociocultural

1

Laboral fixo

III

D.A. 6ª da Lei 20/2021

Segundo. Dar publicidade a esta resolución mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), así como proceder á publicación das bases íntegras no Boletín Oficial da provincia (BOP), no taboleiro de anuncios municipal e na páxina web.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente o recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

O Pino, 23 de novembro de 2022

Manuel Taboada Vigo
Alcalde