Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, do contrato da obra de reforma e ampliación do centro de saúde do Porriño (Pontevedra) mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada (expediente AB-SER3-21-036).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

missing image file

1. Expediente de contratación.

1. Poder adxudicador: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos, por delegación polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 208, do 31 de outubro), e a Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril).

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

iii) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

iv) Teléfonos: 881 54 18 64.

v) Telefax: 881 54 27 62.

vi) Código NUTS: ES11.

vii) Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

viii) Enderezo da internet do perfil do contratante:https://www.sergas.gal, https://www.contratosdegalicia.gal

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. A súa principal actividade: saúde.

3. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición do obxecto: contratación da obra de ampliación e reforma do centro de saúde do Porriño (Pontevedra).

c) División por lotes e número: non procede.

d) Lugar de execución da obra: rúas Fernández Arenal, Paz Varela e Travesía-O Porriño.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45262700-8 traballos de transformación de edificios.

f) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante o día 5 de xullo de 2021.

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Licitación electrónica: si.

d) Criterios de adxudicación: véxase o número 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP) desta contratación.

Sobre B: Programa de execución ata 22 puntos, memoria descritiva da proposta ata 18 puntos, coordinación da execución dos traballos ata 5 puntos.

Sobre C: oferta económica ata 40 puntos, medidas de conciliación ata 10 puntos, incremento prazo garantía ata 5 puntos.

5. Valor estimado total do contrato (IVE excluído): 3.822.330,59 €.

6. Orzamento base de licitación: importe sen IVE: 3.822.330,59 €. IVE (%): 21 %. Importe con IVE: 4.625.020,01 €.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de xaneiro de 2022.

b) Número de ofertas recibidas: 9.

c) Número de ofertas recibidas de peme: 5.

d) Número de ofertas recibidas por medios electrónicos: 9.

e) O contrato foi adxudicado a un grupo de operadores económicos: si.

f) Data de formalización do contrato: 14 de febreiro de 2022.

g) Adxudicataria: S.A. de Obras y Servicios COPASA.

i) NIF: A320***44.

ii) Localidade e código postal: 32003 Ourense.

iii) Enderezo electrónico: Imoran@copasagroup.com

iv) É peme (segundo a normativa europea): non.

h) Importe de adxudicación: importe neto 3.573.553,72 €. IVE (%) 21 %. Importe total 4.324.000,00 €.

i) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación está publicada no perfil do contratante.

8. Outra información.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 5 de xullo de 2021.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 16 de febreiro de 2022.

2. Financiamento.

Todas estas actuacións se financiarán ao 100 % do gasto elixible no marco do instrumento de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de España (REACT-EU), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20, favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; prioridade de investimento 13.i, favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía; obxectivo específico 20.1.5 REACT-UE 5 Apoiar investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns.

A axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise proposta na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).

O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.

Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

3. Información.

3.1. Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

3.2. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2022

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.D. (Decreto 137/2019 e Orde do 22.4.2020)
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos