Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de rectificación da oferta de emprego público extraordinario de estabilización de emprego temporal e excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 18 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público extraordinario de estabilización de emprego temporal e excepcional de estabilización de emprego temporal de longa duración do Concello de Cangas, que foi publicada no BOPPO nº 99, do 25 de maio de 2022.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 21 de novembro de 2022, foron resoltos os recursos de reposición presentados contra aquel e dispúxose modificar a OPE citada, de tal xeito que na relación de prazas laborais, respecto ao posto de traballo, onde di: «PSICÓLOGO/A CIM», debe dicir: «PSICÓLOGO/A-DIRECTOR/A CIM», e respecto ao posto de traballo de ELECTRICISTA, categoría OFICIAL, grupo IV, no número de prazas, onde di: «1», debe dicir: «2», ambas polo sistema de concurso, e do mesmo xeito respecto ao posto de traballo de ELECTRICISTA, categoría PEÓN/PEOA, grupo V, no número de prazas onde di: «2», debe dicir: «1».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, só se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación.

Sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, de ser o caso, calquera outro que xulguen procedente.

Cangas, 25 de novembro de 2022

María Victoria Portas Mariño
Alcaldesa