Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64801

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO da convocatoria e das bases específicas do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de longa duración.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 232, do 9 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión ou contratación, mediante o sistema de concurso de méritos, de diversas prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo do Concello de Culleredo, incluídas no proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal de longa duración contido na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e/o na páxina web do Concello (www.culleredo.es), cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 14 de decembro de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 13.7.2020; BOP núm.114, do 23 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Seguridade Cidadá e Persoal