Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do concurso para a provisión de varios postos de traballo singularizados e non singularizados.

No BOP de Lugo núm. 277, do 3 de decembro de 2022, publicouse o Decreto 11648/2022, do 30 de novembro, relativo á convocatoria do concurso para a provisión de postos de traballo singularizados e non singularizados do Concello de Lugo.

– Un posto de xefe/a de servizo da Oficina de Inspección Tributaria, escala AX/AE, grupo A1, aberto a todas as administracións públicas.

– Un posto de xefe/a do Servizo de Benestar Social, escala AX/AE, grupo A1/A2, aberto a todas as administracións públicas.

– Un posto de adxunto/a do Servizo de Facenda Local, escala AX/AE, grupo A1/A2.

– Un posto de xefe/a da Sección de Fiscalización Previa, escala AX/AE, grupo A2.

– Un posto de xefe/a da Sección de Control Financeiro, escala AX/AE, grupo A2.

– Un posto de xefe/a da Sección de Benestar Social, escala AE, grupo A2.

– Un posto de xefe da Sección de Organización de Recursos Humanos, escala AX, grupo A2.

– Un posto de xefe/a da Sección de Fomento, escala AX/AE, grupo A1/A2.

– Un posto de xefe/a de sección do órgano de xestión económico-financeiro, escala AX/AE, grupo A2.

– Un posto de encargado/a do fogar transeúnte, escala AE, grupo C2.

Lugo, 9 de decembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenenta de alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos