Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64803

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maceda

ANUNCIO da modificación do grupo dunha praza incluída na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 13 de decembro de 2022, aprobouse a modificación do grupo da praza de monitor deportivo que consta na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal no Concello de Maceda, segundo o disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOP nº 120, do 27 de maio de 2022, e no DOG nº 102, do 30 de maio de 2022, que queda como segue:

Persoal laboral fixo.

Denominación

Grupo

Xornada

Prazas

Sistema de acceso

Monitor/a deportivo/a

C2

Completa

1

Concurso

(D.A. 6ª Lei 20/2021)

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, procédese á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren máis oportuno en dereito.

Maceda, 13 de decembro de 2022

Rubén Quintas Rodríguez
Alcalde