No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 234, do 13 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover seis prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, a través do proceso selectivo de concurso, e en desenvolvemento da oferta de emprego público dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego temporal.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Mañón, 13 de decembro de 2022
Alfredo Dovale Pedreira
Alcalde