Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64727

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

EXTRACTO da Resolución do 7 de decembro de 2022 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade de química (espectrometría de masas e proteómica), do grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución do 7 de decembro de 2022 aprobáronse as bases xerais e específicas que rexerán o procedemento selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría de técnico/a especialista de investigación, especialidade de química (espectrometría de masas e proteómica) do grupo III do persoal laboral da USC.

A devandita convocatoria faise en virtude do establecido no anexo I, oferta adicional de estabilización, da Resolución do 10 de novembro de 2021 (DOG do 18 de novembro) pola que se aproba a oferta complementaria de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2021.

As bases completas da convocatoria pódense consultar no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio deste extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela