Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64726

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

EXTRACTO da Resolución do 7 de decembro de 2022 pola que se convocan probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de medios audiovisuais, do grupo III, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución do 7 de decembro de 2022 aprobáronse as bases xerais e específicas que rexerán o procedemento selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, na categoría de técnico/a especialista de medios audiovisuais do grupo III do persoal laboral da USC.

A devandita convocatoria faise en virtude do establecido no anexo I, oferta adicional de estabilización, da Resolución do 10 de novembro de 2021 (DOG do 18 de novembro) pola que se publica a oferta complementaria de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2021, e no anexo II, oferta xeral de prazas de persoal de administración e servizos, da Resolución do 25 de maio de 2022 (DOG do 31 de maio) pola que se publica a oferta de emprego público desta universidade e dos seus entes adscritos para o ano 2022.

As bases completas da convocatoria pódense consultar no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio deste extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela