Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64813

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, en propiedade, da praza de técnico/a en educación social.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 49, do 15 de marzo de 2021, publícanse as bases que regulan a convocatoria para cubrir a praza de funcionario do Concello de Ortigueira que a seguir se indica:

Unha praza de técnico/a medio pertencente á escala de Administración especial, especialidade de educación social, grupo A2, mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ortigueira, 25 de novembro de 2022

Juan Vicente Penabad Muras
Alcalde