Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da modificación puntual da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal.

En cumprimento do establecido no artigo 2.2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense do 27 de maio de 2022 aprobou a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOP de Ourense núm. 123, do 31 de maio de 2022, e no DOG núm. 17, do 5 de xullo.

Visto o recurso de reposición presentado por Santiago Conde-Corbal Tejada contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do 27 de maio de 2022, faise público que a Xunta de Goberno Local do 27 de outubro adoptou a seguinte resolución:

1º. Estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por Santiago Conde-Corbal Tejada contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do 27 de maio de 2022 (BOP do 31 de maio) polo que se aprobou a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal, no sentido de modificar a denominación e clasificación profesional da praza de técnico/a superior de orientación laboral prevista no punto I.F do acordo, para quedar definida nos seguintes termos:

1 técnico/a superior de estranxeiría e migración, escala de administración especial, subescala de servizos especiais, prazas de cometidos especiais, categoría: técnico/a superior en estranxeiría e migración, subgrupo A1, persoal funcionario.

2º. Notifíqueselle ao interesado, con indicación de que contra este acordo poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, computados desde a data a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, e publíquese o oportuno anuncio de modificación puntual da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal.

Ourense, 23 de novembro de 2022

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde