Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da corrección de erros da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal.

En cumprimento do establecido no artigo 2.2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense do 27 de maio de 2022 aprobou a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOP de Ourense núm. 123, do 31 de maio de 2022, e no DOG núm. 17, do 5 de xullo.

Detectado un erro respecto da clasificación da praza de técnico/a auxiliar de turismo, faise público que, mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 20 de outubro de 2022, se procedeu á corrección e á súa publicación no BOP de Ourense núm. 265, do 19 de novembro de 2022, para que quede redactado do seguinte xeito:

1º. Rectificar o erro material relativo á clasificación da praza de técnico/a auxiliar de turismo recollida no punto I.A. do Acordo da Xunta de Goberno Local do 27 de maio de 2022, no senso de facer constar que a devandita praza está clasificada no subgrupo C1 (e non como C2, como por erro figuraba no acordo), daquela a descrición da praza queda nos seguintes termos:

I. Prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de estabilización do persoal temporal:

I.A. Prazas ocupadas por persoal funcionario interino por vacante: (...) 1 técnico/a auxiliar de turismo, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: prazas de cometidos especiais, categoría: técnico/a auxiliar de turismo, subgrupo C1, persoal funcionario.

2º. Notifíqueselle ao interesado e publíquese o oportuno anuncio de corrección de erros na oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do persoal temporal.

Ourense, 23 de novembro de 2022

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde