Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO do 13 de decembro de 2022, de convocatoria de prazas da oferta extraordinaria de emprego de 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 234, do 9 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexerán as convocatorias para prover as seguintes prazas:

Funcionario/a de carreira:

– Quenda libre. Sistema de selección: concurso.

Escala: Administración xeral. Subescala: administrativa. Denominación: administrativo/a. Número de vacantes: 2. Grupo C. Subgrupo C1.

Escala: Administración xeral. Subescala: auxiliar. Denominación: auxiliar administrativo/a. Número de vacantes: 2. Grupo C. Subgrupo C2.

Escala: Administración especial. Subescala: auxiliar. Denominación: auxiliar técnico/a. Número de vacantes: 3. Grupo C. Subgrupo C2.

Escala: Administración especial. Subescala: técnico superior. Denominación: enxeñeiro/a superior. Número de vacantes: 1. Grupo A. Subgrupo A1.

Escala: Administración especial. Subescala: técnico superior. Denominación: arquitecto/a superior. Número de vacantes: 1. Grupo A. Subgrupo A1.

Escala: Administración especial. Subescala: técnico superior. Denominación: avogado/a (a tempo parcial). Número de vacantes: 1. Grupo A. Subgrupo A1.

Escala: Administración especial. Subescala: técnico medio. Denominación: traballador/a social. Número de vacantes: 1. Grupo A. Subgrupo A2.

Escala: Administración especial. Subescala: técnico medio. Denominación: técnico/a de turismo. Número de vacantes: 1. Grupo A. Subgrupo A2.

Escala: Administración especial. Subescala: técnico medio. Denominación: bibliotecaria/o arquiveiro/a. Número de vacantes: 1. Grupo A. Subgrupo A2.

Persoal laboral fixo:

– Quenda libre. Sistema de selección: concurso.

Servizos xerais. Denominación: oficial 1ª electricista. Categoría profesional: 4. Núm. vacantes: 2.

Servizos xerais. Denominación: persoal de limpeza de locais (a tempo parcial). Categoría profesional: 5 . Núm. vacantes: 5.

Servizos xerais. Denominación: axente de emprego e desenvolvemento local. Categoría profesional: 1. Núm. de vacantes: 1.

Servizos sociais. Denominación: animador/a sociocultural. Categoría profesional: 2. Núm. de vacantes: 1.

Servizos sociais. Denominación: técnico de mocidade e animador/a xuvenil. Categoría profesional: 2. Núm. de vacantes: 1.

Servizos sociais. Denominación: ordenanza instalacións municipais. Categoría profesional: 5. Núm. vacantes: 1.

Servizos sociais. Denominación: psicólogo/a Categoría profesional: 1. Núm. de vacantes: 1.

Servizos sociais. Denominación: avogado/a do Centro de Información á Muller. Categoría profesional: 1. Núm. de vacantes: 1.

Servizos sociais. Denominación: psicólogo/a do Centro de Información á Muller. Categoría profesional: 1. Núm. de vacantes: 1.

– Quenda libre. Sistema de selección: concurso-oposición.

Servizos xerais. Denominación: orientador/a laboral. Categoría profesional: 2. Núm. de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Poio, 13 de decembro de 2022

Luciano Sobral Fernández
Alcalde