Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO das bases xerais, das bases específicas e das convocatorias dos procesos selectivos da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 10.12.2022, número 281, publícanse integramente as bases xerais, as bases específicas e as convocatorias dos procesos selectivos incluídos na OPE de estabilización do emprego temporal do Concello de Sarria.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal: https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 10 de decembro de 2022

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde