Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 64944

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 12 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade a unha nova aspirante que superou o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 12 de decembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), de conformidade co disposto na base II.6 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 15 de xullo de 2022 (publicada no DOG núm. 140, do 22 de xullo), este tribunal acordou elevar, ao director xeral da Función Pública, a lista das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

Segundo. O 22 de xullo de 2022 publícase, no DOG núm. 140, a Resolución do 15 de xullo de 2022 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Segundo sinala a base II.6 da convocatoria: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas».

Terceiro. O día 6.12.2022, mediante escrito da Dirección Xeral da Función Pública, requírese a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a persoa aspirante que figuraba co número 151 (Iván Otero Pérez con DNI ***1429**) presentou a súa renuncia ao proceso selectivo, quedando anuladas as súas actuacións.

Cuarto. Con base no anterior, este tribunal acorda facer público, como anexo a esta resolución, unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupa a posición 188, logo de facer a renumeración, na orde de persoas aspirantes aprobadas. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022

Vanessa Cal Ríos
Presidenta do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,
no corpo administrativo da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1

Orde

Quenda

Apelidos e nome

DNI

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

188

Libre

Sineiro Torres, María Teresa

***1252**

43,15

Exenta

31,775

74,925