Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 64946

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 13 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, polo que se dá publicidade a sete novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 13 de decembro de 2022, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado por Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro), de conformidade co disposto na base II.6 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 26 de setembro de 2022 (DOG núm. 187, do 30 de setembro), este tribunal acordou elevar ao director xeral de Función Pública, a lista das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela.

Segundo. O 30 de setembro de 2022 publícase no DOG núm. 187 a Resolución do 26 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 224, do 25 de novembro).

Segundo a base II.6 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas».

Terceiro. O día 6 de decembro de 2022, mediante escrito da Dirección Xeral da Función Pública, requírese a este tribunal que propoña sete novas persoas aspirantes, xa que as persoas aspirantes que figuraban cos números 11, 15, 20, 36, 58, 71 e 77 presentaron a súa renuncia ao proceso selectivo, quedando anuladas as súas actuacións.

Neste sentido, cómpre ter en conta a base I.2.7 da convocatoria respecto das dúas seguintes persoas que son José Antonio Tarrío Parente (con DNI ***2206**) e Jorge Luis García Loureiro (con DNI ***9847**) e que ambos xa foron nomeados persoal funcionario de carreira no corpo administrativo por Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 2 de decembro de 2022 (DOG núm. 234, do 12 de decembro).

Cuarto. Con base no anterior, este tribunal acorda dar publicidade, como anexo a esta resolución, sete novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, ocupando as posicións que se sinalan, logo da renumeración da orde de prelación, no anexo desta resolución, na orde de persoas aspirantes aprobadas. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2022

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo
da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

Concurso

Total

79

***1027**

Rouco Vázquez, Begoña

L

24,66

23,79

Exenta

6,37

54,82

80

***5676**

Novoa Vázquez, Rosa María

L

27,78

26,79

Exenta

0,20

54,77

81

***6137**

Regueira Fernández, Noemí

L

28,69

25,71

Exenta

0,00

54,40

82

***8380**

Martín Vicente, José Manuel

L

26,88

23,57

Exento

3,80

54,25

83

***7734**

Domínguez Castro, Mª del Carmen

L

26,48

26,79

Exenta

0,90

54,17

84

**6652**

García Formoso, Diana

L

28,30

25,71

Exenta

0,00

54,01

85

***7290**

Vázquez Martínez, María

L

27,44

25,93

Exenta

0,60

53,97